lunes, 20 de octubre de 2008

O CLÁSICO ACABOU EN TABLAS

FANTASTIKUN SEMPRE VOLVE

Outra vez tivemos que recibir dous goles para espabilar. Despois dunha primeira parte de mutuo respeto, o clásico empezouse a xogar na segunda. Mouzo puxo por diante os locais gracias a un "pequeno" erro do Jato e con un clamoroso penalti cometido por Caldereyes sobre Pelé -ven lle puido costar a expulsión-. Xa nos empezábamos a acordar dos que non estaban -Ibrahiminovic, Cescollazo, Alekhan- cando apareceu o Kun.
OUTRA REMONTADA EXPRESS
Outro arreón do "Ciclón Cabaninter", e coma o día do Bertoa, acabamos con un 2-4-4 buscando a machada. Dous goles do Kun fixeron xustiza no marcador.


Destacar que foi un partido no que destacou a deportividade e o respeto entre os equipos.
Tamén vos deixo aquí un pequeno vídeo da parella "Abreu & Manteca Martínez", que fallaron as dúas ocasións mais claras do Fabadream Team, que ben lle puideron valer a victoria. Esta vez o Jato foi moito Jato....



sábado, 18 de octubre de 2008

ULTIMA HORA. 22:3O HORAS


O KUN, ABATIDO


Os psicólogos do clube traballan a esta hora a destajo pra recuperar anímicamente o Kun. Fai escasos minutos o atacante intentou abandonar o hotel de concentración ante a presión de toda a banda madridista que o acompaña no equipo.


"Cajonasantaquechora!!...e muita pecunia a miña"...foi todo o que puido declarar o 9 do Cabaninter.
OS VETERANOS PIDEN CORDURA

Os dous homes que máis clásicos levan xogado xuntáronse esta mañán nas inmediacións do Sheraton A Bouza pra departir amigablemente.
Tanto o bravo central da Fabada Mecánica, VIDALKORTA, coma o interior dereita do Cabaninter, ZIZOU MORENO, piden tranquilidade e cordura en vísperas da disputa do Clásico, e apuntan que non se recordan nunca incidentes entre estes dous equipos.
Vidalkorta: "Espero que sea un bonito partido....e o ganemos nós, claro"

Zizou: "Espero que os callos na de Eiroa estén ben a puntiño e o viño ben frío" -dixo o xogador do Cabaninter visiblemente preocupado polo partido.....


VOLVE MENDEZTZELDER
O jefe da defensa do Cabaninter volve despois o castigo. Acaba de chegar de China, onde estuvo sometido a intensas sesións de yoga.
"Son un home novo. Desterrei o bicho malo que levaba dentro.
" ¿Tarjetas?....pra min ahora solo existen as de navidá".
"Chejo a tempo pro clásico...menos mal"
"Desde fai uns días presido Amonestados Sin Fronteras, unha ONG que axudará a todos os sancionados a superar os seus problemas cos árbitros"
MAÑAN DE PASEO E RELAX

O equipo xa está concentrado na Vila de Pondal. Esta mañá os xogadores adicaron a mañan o relax, un paseiño, unha partidiña, uns chatos...o típico. Ata o presidente Jenarabramovich se mostrou relaxado e practicou o seu deporte favorito nas augas do Anllóns.
Esta tarde esperamos poder adestrar no escenario do partido, aínda que parece ser que un ataque repentiño de tiopas a última hora de onte pode facer peligrar o adestramento.

viernes, 17 de octubre de 2008

CONTA ATRÁS. O EQUIPO SALE RUMBO O PINGUEL
Hoxe a mañanciña cedo, a expedición do Cabaninter partiu do aeorporto Neaño-Urixeira rumbo a Hitrow Canasteves, onde ten previsto aterrizar a aeronave do equipo en torno o mediodía -e que damos a volta por Corcoesto-. Unha multitude despediu o equipo, que viaxa coas familias e con provisións. A expedición encabezada por Vanderlei Luisemburgo ten previsto aloxarse no Sheraton A Bouza, onde un forte dispositivo de seguridá intentará evitar que os Pinguel Blues interrumpan o descanso dos xogadores.

jueves, 16 de octubre de 2008

VISITA PROTOCOLARIA

Hoxe desplazouse a Can Pinguel unha delegación do Cabaninter con motivo da reunión da FEFA (federación española de futebol amañado) pra coordinar o clásico en materia de seguridade. A directiva do Fabadream Team puxo a disposición dos cabaneses un vehículo de cortesía que foi fortemente escoltado ante o temor a presencia dos hinchas radicales locales da peña Pinguel Blues. Todo transcurriu con normalidade e o Sargento Londrado, responsable de seguridá do partido saleu satisfeito da reunión. "Haberá sejuridá o masimo, xa cho dijo eu, senón vai haber mais tiros ca maría santisma".