lunes, 20 de octubre de 2008

O CLÁSICO ACABOU EN TABLAS

FANTASTIKUN SEMPRE VOLVE

Outra vez tivemos que recibir dous goles para espabilar. Despois dunha primeira parte de mutuo respeto, o clásico empezouse a xogar na segunda. Mouzo puxo por diante os locais gracias a un "pequeno" erro do Jato e con un clamoroso penalti cometido por Caldereyes sobre Pelé -ven lle puido costar a expulsión-. Xa nos empezábamos a acordar dos que non estaban -Ibrahiminovic, Cescollazo, Alekhan- cando apareceu o Kun.
OUTRA REMONTADA EXPRESS
Outro arreón do "Ciclón Cabaninter", e coma o día do Bertoa, acabamos con un 2-4-4 buscando a machada. Dous goles do Kun fixeron xustiza no marcador.


Destacar que foi un partido no que destacou a deportividade e o respeto entre os equipos.
Tamén vos deixo aquí un pequeno vídeo da parella "Abreu & Manteca Martínez", que fallaron as dúas ocasións mais claras do Fabadream Team, que ben lle puideron valer a victoria. Esta vez o Jato foi moito Jato....



sábado, 18 de octubre de 2008

ULTIMA HORA. 22:3O HORAS


O KUN, ABATIDO


Os psicólogos do clube traballan a esta hora a destajo pra recuperar anímicamente o Kun. Fai escasos minutos o atacante intentou abandonar o hotel de concentración ante a presión de toda a banda madridista que o acompaña no equipo.


"Cajonasantaquechora!!...e muita pecunia a miña"...foi todo o que puido declarar o 9 do Cabaninter.
OS VETERANOS PIDEN CORDURA

Os dous homes que máis clásicos levan xogado xuntáronse esta mañán nas inmediacións do Sheraton A Bouza pra departir amigablemente.
Tanto o bravo central da Fabada Mecánica, VIDALKORTA, coma o interior dereita do Cabaninter, ZIZOU MORENO, piden tranquilidade e cordura en vísperas da disputa do Clásico, e apuntan que non se recordan nunca incidentes entre estes dous equipos.
Vidalkorta: "Espero que sea un bonito partido....e o ganemos nós, claro"

Zizou: "Espero que os callos na de Eiroa estén ben a puntiño e o viño ben frío" -dixo o xogador do Cabaninter visiblemente preocupado polo partido.....


VOLVE MENDEZTZELDER
O jefe da defensa do Cabaninter volve despois o castigo. Acaba de chegar de China, onde estuvo sometido a intensas sesións de yoga.
"Son un home novo. Desterrei o bicho malo que levaba dentro.
" ¿Tarjetas?....pra min ahora solo existen as de navidá".
"Chejo a tempo pro clásico...menos mal"
"Desde fai uns días presido Amonestados Sin Fronteras, unha ONG que axudará a todos os sancionados a superar os seus problemas cos árbitros"
MAÑAN DE PASEO E RELAX

O equipo xa está concentrado na Vila de Pondal. Esta mañá os xogadores adicaron a mañan o relax, un paseiño, unha partidiña, uns chatos...o típico. Ata o presidente Jenarabramovich se mostrou relaxado e practicou o seu deporte favorito nas augas do Anllóns.
Esta tarde esperamos poder adestrar no escenario do partido, aínda que parece ser que un ataque repentiño de tiopas a última hora de onte pode facer peligrar o adestramento.

viernes, 17 de octubre de 2008

CONTA ATRÁS. O EQUIPO SALE RUMBO O PINGUEL
Hoxe a mañanciña cedo, a expedición do Cabaninter partiu do aeorporto Neaño-Urixeira rumbo a Hitrow Canasteves, onde ten previsto aterrizar a aeronave do equipo en torno o mediodía -e que damos a volta por Corcoesto-. Unha multitude despediu o equipo, que viaxa coas familias e con provisións. A expedición encabezada por Vanderlei Luisemburgo ten previsto aloxarse no Sheraton A Bouza, onde un forte dispositivo de seguridá intentará evitar que os Pinguel Blues interrumpan o descanso dos xogadores.

jueves, 16 de octubre de 2008

VISITA PROTOCOLARIA

Hoxe desplazouse a Can Pinguel unha delegación do Cabaninter con motivo da reunión da FEFA (federación española de futebol amañado) pra coordinar o clásico en materia de seguridade. A directiva do Fabadream Team puxo a disposición dos cabaneses un vehículo de cortesía que foi fortemente escoltado ante o temor a presencia dos hinchas radicales locales da peña Pinguel Blues. Todo transcurriu con normalidade e o Sargento Londrado, responsable de seguridá do partido saleu satisfeito da reunión. "Haberá sejuridá o masimo, xa cho dijo eu, senón vai haber mais tiros ca maría santisma".
O ELEXIDO


Pois xa se coñece o trencilla do clásico. Será ISIDRURIZAR AZPITARTE, vello coñecido das dúas escuadras e o que todos din, mellor colexiado da liga.



Este medio quixo poñerse en contacto con él, pero parece ser que a última vez que se lle viu andaba polo Monte-Blanco perdido e solo se podía escoitar o lonxe: ¿porqueeeeee a miiiiiin?¿por queeeeeeeeeeeeeee......?....

miércoles, 15 de octubre de 2008

ENTREVISTA EXCLUSIVA

O "GUERRERO" ALFARO PON A POTA NO LUME

"Do tridente encárgome eu, vai ser un adianto da Festa das Fabas"

"Teño amijos no Cabaninter, pero cando empece a rodar o balón non vou conocer nin a cristo"
"Sei que podo volver, o caso é que me queiran"
"Hai que ter coidao cos "escorzos" do Carioca"
"O Kun anda en horas baixas....pero eu sei que O Pinguel excítao como ningún outro estadio"
"O Ibrahiminovic ese ten moito marketing.....pero vai ter un oso duro pra roer"
O ex-xogador do Cabaninter encende a mecha do clásico e ameaza con ser o verdadeiro antídoto do tridente ofensivo de Luisemburgo. O Clásico acércase e váise notando no ambiente. Alfaro non se corta, genio e figura.

martes, 14 de octubre de 2008

LECCIÓNS DE FUTEBOL ANTES DO CLÁSICO

O noso mister, Luisemburgo, axúdanos a entender un pouco mais aljúns conceptos básicos antes de afrontar o trascendental clásico do domingo.

Lección 1

En caso de penalti: atentos o rechace, muy atentiños.....

Lección 2

Os porteiros, eses sufridores..... Coidao cos balóns largos......


.....e moi concentrados no partido.......

Lección 3

Os defensas, expeditivos cos despejes.....canto mais lonxe lle zumben mellor....

Lección 4

Os dianteiros....hay que aproveitar as ocasións.....


lunes, 13 de octubre de 2008

O CLÁSICO XÓGASE NO MEDIOCAMPO

ALFONSÓCRATES & PELÉ. Objetivo: parar a magia brasileira.

Parece que Luisemburgo xa o vai tendo claro e xa avisa do peligro dos mediocampistas do Fabadream Team. A eles únese MouZola, que está en estado de gracia e xa leva 3 goles. "hai que achicar no medio. O partido está ahí". Lo dicho, ojito co partidazo que se vai vivir no medio campo.


OS ANTÍDOTOS DO CABANINTER

Kaká, O Beckam do Buzaco, Roberto Dinamita, Albertotti, Cescollazo, Zizou Moreno........Luisemburgo ten un cacao que non se aclara no medio, hai moito e moi bo onde elexir.
O clásico con mais "futebol" do bo da historia xa está aquí. Quen mais quen menos xa mira como saltar o muro, porque entradas non quedan...

lunes, 6 de octubre de 2008

SALEN AS CONTAS NO PINGUEL

O FABADREAM TEAM ASEGÚRASE CHEGAR O CLÁSICO POR DIANTE


Parece que a ansia de clásico afectou menos en Can Pinguel, xa que os homes de Marco Van Basten salen victoriosos do doble duelo en Zas. Victoria con contundencia o Baio 0-4 e aproveitan o tropezo do Cabaninter en San Andrés (4-1) pra poñerse tres puntos por diante. O Cabaninter terá que ganar o Bertottenham o domingo e esperar un tropezo do Fabadream en Camariñas pra chegar polo menos empatados o derbi. A presión de chegar a seis puntos sería terrible.
Por outra banda, "Tarzán" Migueli estivo esta mañan nun acto publicitario dunha coñecida marca informática, participando na presentación do novo "portátil" da compañia. "O equipo funciona coma unha computadora. Chejaremos o derbi a tope" -declarou o xogador os periodistas presentes-.

sábado, 4 de octubre de 2008

ANTE TODO, FAIR PLAY

O KUN, crack do Cabaninter, comenza a súa personal gira de cortesía por Can Pinguel. Onte estivo reunido co mister Marco Van Basten e coa rutilante estrela Edson Arantes Do Nascimento "Pelé", nun claro intento de poñer por diante o Fair Play para este partidazo. "E que xa levamos meses falando do Clásico e hai que pensar que solo é un partido de futebol" -dixo o Kun de regreso as Redondas-
Xa sabemos de boas fontes que "o embaixador da paz", ten previsto reunirse cos cabecillas do Frente Urixeira pra pedirlles que non leven bengalas, cochinillos, chorizos, alcolitos, ladrillos, fichas de dominó, granadas de man, espijas de millo, arados de ferro.... nin ningún outro tipo de objeto arrojadizo o estadio do Pinguel. O mister do Fabadream Team comprometéuse tamén a facer o propio cos dirixentes dos temibles tiffossi da peña Pinguel Blues






ESPECIAL SOBRE O CLÁSICO

O Clásico xa está a volta da esquina. As vilas de Cabana e Ponteceso xa están en llamas a espera do partidazo do 19 de Outubro. Hoxe, coincidindo coa posta a venta das localidades en Can Pinguel, nace este blog especial con toda a información do partido. Iremos añadindo aquí todas as novas que nos vaia ofrecendo o gran duelo.
Fabadream Team - Cabaninter....outra vez, o partido do siglo...